Historia da Banda

No ano 1992 chégase a un acordo co Concello de Cedeira para comezar neste un proxecto para impartir clases de musica co obxectivo final de formar unha banda de música.

No ano 1993 este proxecto faise realidade comezando as clases e dous anos despois ten lugar a presentación da actual banda de música “Vila de Cedeira”.

Despois de estar asociados durante este período á Asociación Cultural Robaleira, no ano 2001 a Banda de Música “Vila de Cedeira” consolídase como asociación independente, sendo o seu director titular e fundador D. Pascual Montesinos Orts.

Durante os seguintes anos, a banda desenvolve a súa actividade cultural tanto dentro da Comunidade Autónoma de Galicia como fóra dela, destacando as súas actuacións en Alacante, Semana Santa Ferrolá así como a gravación do seu primeiro CD no ano 2005.

Dende o ano 2008, cambiouse a dirección da banda pasando a ser o seu director titular D. Vicente Castro Corral.

Na actualidade, a banda está desenvolvendo un proxecto ambicioso e con futuro, traballando para colocar o nome desta vila no lugar que lle corresponde.

En 2009 esta asociación vese obrigada a crear unha escola de música propia, na cal se formaran os futuros membros da banda. Esta escola de música estivo en vixencia ata o ano 2012, cando xunto con outra Asociación da vila (Robaleira) fanse cargo da Escola Municipal de Música.

Durante esta nova etapa de proxecto a Banda de Música “Vila de Cedeira” actúa por toda Galicia e é invitada a participar en Certames e Intercambios con outras agrupacións: Ortigueira, Vilalba, Ordes, Arteixo, Arzúa, Cambre, Brión, etc.

Nesta nova etapa tamén se realizan en Cedeira infinidade de actividades culturais organizadas plenamente por esta Asociación: Xuntanza de Bandas (anual), Curso de Música de Verán (xa imos na IV edición), actividades didácticas en colaboración cos distintos centros de ensinanza da vila, ciclos de concertos anuais de temática variada da propia agrupación, concertos de música de cámara de novos grupos galegos (Hércules Brass Quinteto de Metais, Odaiko Percusión Group, C-Brass), etc.

A cultura e un ben público.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>