MÚSICA DE BANDAS EN PRIMAVERA

CARTEL VIII XUNTANZA DE BANDAS

Este sábado día 13 de abril celebrarase no Auditorio Municipal a VIII XUNTANZA DE BANDAS “VILA DE CEDEIRA”

Nesta nova edición contamos coas Bandas de música de Boiro e Vilalba, que xunto con nós, ofrecerán a partir das 18:00 horas un concerto de primavera con obras de diferentes temáticas e cores.

Contamos coa vosa asistencia.

Concerto de Nadal

Moi boas a tod@s.

Está a piques de rematar o ano e, dende a Banda de Música Vila de Cedeira, queremos felicitar nestas festas a tódolas persoas de Cedeira e en especial a os amantes da música.

O pasado venres día 23 de novembro tivo lugar no Auditorio Municipal o xa tradicional concerto de Santa Icía, no que contamos con unha grande afluencia de público. Dende a agrupación dámosvos as gracias a todos por vir a escoitar a música que facemos. Tamén felicitar ao noso músico máis novo, Pablo Pérez Picos, que fixo a súa estrea como solista interpretando a obra para Trompeta e Banda escrita por Ferrán Ferrer,  “Eolo, el Rey”

Anímovos a tod@s a que nos acompañedes este sábado 29 de decembro ás 20:00 h. no Auditorio Municipal, onde a Banda de Música Vila de Cedeira levará a cabo o tradicional Concerto de Nadal.

VI Certame Galego de Bandas de Música Populares

Estimados compañeiros:
A Federación Galega de Bandas de Música Populares ten o pracer de convidarvos ao VI Certame Galego de Bandas de Música Populares que terá lugar os días 16, 17 e 18 de novembro no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
Os horarios serán:

Venres 16, Sección Terceira, inicio ás 20.00 h.

Sábado 17 Sección Segunda, inicio ás 18.00 h.

Domingo 18, a partires das 17.00 h, Sección Primeira e máis entrega de premios

Toda a información sobre o certame podedes consultala no apartado Certame Galego da web da Federación.
A Federación Galega de Bandas prégavos que lle deades a maior difusión posible a este Certame e agardamos poder contar coa vosa presenza.

Un cordial saúdo,
FGBMP

Escola de Música 2012

Es un placer y a la vez una responsabilidad poder comunicaros que a partir de este mismo curso que en breve comenzará, la Banda de Música Vila de Cedeira y Robaleira pasaremos a gestionar la Escuela Municipal de Música, sin duda alguna esto pudo conseguirse gracias al trabajo de todos.Pueden descargar el formulario de matrícula pulsando AQUÍ

III Curso de música Vila de Cedeira


Outro ano máis a Banda de MúsicaVila de Cedeira” está a programar as actividades de formación que por terceiro ano consecutivo se levarán a cabo nesta vila no período de verán.

As propostas para esta nova edición son:

CURSO DE VENTO METAL

Este ano contaremos coa presenza do Quinteto de Metais “Hércules Brass”, co que queremos abarcar a ensinanza de tódalas especialidades instrumentais de metal: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.
Ofertarase tamén a oportunidade de que aqueles alumnos que queiran practicar a música de cámara ou de conxunto poidan facelo xa ven có seu propio grupo ou con agrupacións levadas a cabo ao longo do curso: dúos, tríos, cuartetos, quintetos, brass band… (+info)

CURSO DE CLARINETE

O clarinetista Ricardo Ríos Salgueiro será o encargado de levar a cabo as clases que se impartirán nesta especialidade.
Mesmamente, a igual que na especialidade de Metal, levaranse a cabo clases colectivas nas que se traballará a música de conxunto e música de cámara. (+info)

MATRÍCULA

O prezo será de 50€ por persoa con dereito a un mínimo de dúas clases individuais e a participar nas actividades colectivas organizadas no propio curso.